Rueda denuncia unha "intención criminal" na orixe "intencionada" dos lumes en Verín

O presidente da Xunta lembra que é un "delito moi grave pór en perigo as vidas de cidadáns".

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 04/08/2022 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apunta a "intención criminal" na orixe "intencionada" dos lumes que arrasan centos de hectáreas no concello de Verín.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda | Fonte: Ana Varela - Xunta de Galicia.

Rueda apuntou que "hai moitas circunstancias que están a influír nos incendios", tales como secas prolongadas e cambio climático, pero, "por desgraza, na orixe de moitos incendios vai estar a man do home".

Así, sinala que no caso de Verín hai varios focos "moi pegados ás casas", mentres lembra que é un "delito moi grave pór en perigo as vidas de cidadáns".

Por iso, o titular do Goberno galego fixo un chamamento a "un pouco de cabalidade" e de "moralidade". Igualmente, pide a colaboración dos cidadáns para que acheguen calquera dato ou indicio, que será "sempre moi ben benvido".

No entanto, Rueda valora que a situación en Verín estaba esta mañá de xoves "bastante mellor", despois de que fose necesario cortar a autovía e houbese que activar a alerta por ameaza a vivendas.

Paralelamente, expuxo que o lume en Arbo entrou de Portugal e remarcou a importancia da colaboración transfronteiriza en materia de emerxencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta