Outro lume declarado en Boiro arrasa 20 hectáreas en poucas horas

Estabilízase o incendio activo en Maceda con 150 hectáreas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2022 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

Un incendio declarado activo na tarde deste xoves en Boiro leva arrasadas unhas 20 hectáreas, segundo as últimas estimacións da Consellería do Medio Rural. Este lume comezou ás 16,12 horas na parroquia de Cures e, aínda que inicialmente se falaba de dúas hectáreas, sobre as 18,45 horas o perfil de Twitter que emprega a Xunta para informar os incendios xa estimaba que ía polas 20.

Así mesmo, Medio Rural informou a través da rede social da estabilización do incendio forestal que estaba activo en Maceda cunhas 150 hectáreas calcinadas. Trátase dun foco que empezou en tres focos diferentes e simultáneos en Castro de Escuadro. A Xunta xa apuntaba nas últimas horas que evolucionaba "favorablemente" cara á súa estabilización, confirmada finalmente ao fío das 17,00 deste xoves.

Xunto a estes, o último parte de Medio Rural actualizado ás 13,30 horas aínda incluía como activos os incendios de Verín (600 hectáreas), A Mezquita (150), Calvos de Randín (50) e Arbo, parroquia de Barcela (70).

Un sinal de tráfico nunha das zonas vexetais afectadas por un incendio en Verín, a 2 de agosto de 2022, en Verín, Ourense. Rosa Veiga - Europa Press
Un sinal de tráfico nunha das zonas vexetais afectadas por un incendio en Verín, a 2 de agosto de 2022, en Verín, Ourense. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta