A Xunta gasta seis millóns en equipos para hospitais en plena vaga de críticas pola saturación da sanidade

Sindicatos e traballadores levan meses demandando máis cobertura de persoal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2022 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

A Xunta autorizou a compra, cunha partida de preto de 6 millóns de euros, de equipos de cardioloxía intervencionista para diferentes áreas. En concreto, substituiranse os existentes nos hospitais da Coruña, Ourense, Clínico de Santiago e Álvaro Cunqueiro de Vigo. Pola súa banda, no Montecelo de Pontevedra contarase cun equipo que permitirá ter unha sala de hemodinámica propia, o que permitirá facer cateterismos todos os días e evitarase que se deriven pacientes a outros centros.

A cardiología intervencionista permite a colocación de dispositivos intracoronarios e a realización de valvuloplastias (modificacións na anatomía valvular) para a resolución de problemas de cardiología. O Álvaro Cunqueiro renovará os dous equipos este ano. O Chuac contará cun equipo novo este ano e outro o que vén. O Clínico de Santiago comprará o equipo este 2022. Mentres, o equipo para Ourense e o que terá o Montecelo non estarán ata 2023.

CRÍTICAS

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visita o centro de saúde da Estrada
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visita o centro de saúde da Estrada | Fonte: Xunta de Galicia.

Noutra orde de cousas, o Goberno autonómico deu luz verde á contratación, mediante un acordo marco con varias empresas, dos servizos de desenvolvemento de sistemas vinculados á historia clínica electrónica e da relación dixital coa cidadanía, pacientes, profesionais e provedores. O valor estimado é de 30 millóns de euros.

Os investimentos da administración autonómica chegan nun momento en que choven as críticas contra as xerencias pola saturación das distintas áreas sanitarias, dificultade que se aprecia de forma particularmente aguda na demarcación do Salnés e que xa provocu saídas e renuncias. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta