Temas: INE GALICIA PISOS

Sobe un 8% a compravenda de vivendas en xuño a pesar da crise

Con todo, é máis de dez puntos menos que a media do Estado.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 05/08/2022 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

A compravenda de vivendas incrementouse un 8% o pasado mes de xuño en Galicia, en relación co mesmo mes de 2021, ata alcanzar as 1.683 operacións, segundo datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística, recollidos por Europa Press.

Así, esta cifra supón un aumento moi inferior que o da media do total de España, xa que a nivel nacional a compravenda de vivendas subiu un 18,8% no sexto mes do presente ano. En concreto, en xuño vendéronse 49 vivendas protexidas e 1.634 libres en Galicia. Ademais, do total dos inmobles comercializados, 345 eran novos e 1.338, usados.

Pola súa banda, o número de leiras transmitidas en Galicia inscritas nos rexistros superou os 8.640, un 1,3% menos que en xuño de 2021, en contraste coa subida do 0,9% do conxunto de España. Delas, 2.656 eran leiras rústicas e o resto, leiras urbanas.

DATOS ESTATAIS

A nivel nacional, a compravenda de vivendas elevouse un 18,8% o pasado mes de xuño en relación ao mesmo mes de 2021, ata sumar 58.010 operacións, sempre segundo datos do INE. Con este avance interanual, a compravenda de vivendas encadea 16 meses consecutivos de taxas positivas.

O repunte interanual das compravendas de vivendas en xuño foi consecuencia tanto do incremento das operacións sobre vivendas novas, que creceron un 7,1%, ata as 9.822 operacións, como do aumento da compravenda de pisos usados nun 21,5%, ata sumar 48.188 transaccións.

Construcción de vivendas no Castiñeiriño, Santiago
Construcción de vivendas no Castiñeiriño, Santiago | Fonte: EP

Temas: INE GALICIA PISOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta