Comesaña: "Os MIR poderán quedar nos PAC ou acompañar aos profesionais médicos... como eles decidan"

O conselleiro de Sanidade insiste en que "non estarán sós en ningún momento".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/08/2022 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña,  insistiu na postura xa defendida en días anteriores sobre as gardas dos MIR R4 nos PAC tras o novo decreto do Sergas que apuntaba que poderían quedar sós nestes centros.

Unha muller suxeita un cartel no que critica a adxudicación de prazas MIR
Unha muller suxeita un cartel no que critica a adxudicación de prazas MIR | Fonte: Cézaro De Luca - Europa Press

Aínda que afirmou que "non estarán sós en ningún momento", sinalou que, no caso de que o profesional teña que realizar unha saída, o residente poderá acompañalo ou quedar no centro, "como el decida". Sobre isto remarcou que a presenza dos residente nos PAC é bo tanto para a súa formación como para o funcionamento do Punto de Atención Continuada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta