O BNG urxe á Xunta a incrementar os efectivos para a prevención e extinción de incendios

Noa Presas denuncia que o Goberno galego non aprobou a tempo os convenios cos concellos

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/08/2022 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

A deputada do BNG Noa Presas reclamou á Xunta que reforce a contratación de persoal e medios para a prevención e extinción dos incendios que se suceden esta semana por Galicia. A parlamentaria nacionalista insistiu en tres propostas que debe tomar a Consellería do Medio Rural para "dar resposta" aos lumes.

A portavoz de Economía do BNG no Parlamento galego, Noa Presas
A portavoz de Economía do BNG no Parlamento galego, Noa Presas | Fonte: BNG.

Tras o incremento tanto de persoal como de medios, Presas pediu ao Executivo central que aprobe xa a declaración de zona catastrófica para que as persoas afectadas poidan acceder canto antes ás axudas extraordinarias. Ante isto, fixo referencia á visita do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e do xefe do Executivo estatal, Pedro Sánchez, a O Barco (Ourense) e criticou que "non se concretou nada".

Tamén reclamou á Xunta que "rectifique" e que non estableza un límite nas axudas para a recuperación da vivenda. "Moitas persoas perderon as súas casas e non podemos pór un límite mais que o necesario", sostivo.

A formación denunciou que desde a Xunta "non tiñan os deberes feitos en materia de prevención e extinción" debido a que os convenios --para rozas, motobombas e a constitución de brigadas-- cos concellos non foron aprobados a tempo, aseguran.

"Non foron aprobados ata finais de xullo, o que implica que non podían estar operativos ata o mes de agosto", explicou a deputada ourensá.

Presas achacou esta demora a que "o goberno do PP estivese ausente e inoperativo durante catro meses" e referiuse á crise sufrida no partido, xa que están "máis preocupados de solucionar os problemas internos" que "por encargarse do seu traballo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta