Pontevedra, capital da cultura 'friki' o 27 e 28 de agosto

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2022 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O concelleiro de Xuventude do Concello de Pontevedra, Alberto Oubiña, presentou este mércores en rolda de prensa a programación do 'Lérez Up', unha cita de lecer que mesturará videoxogos e cultura 'friki' baixo un mesmo espazo o 27 e o 28 de agosto.

A asociación Gamingtroop encárgase de organizar este evento, que atraerá por centos de persoas ata a cidade para participar das actividades que se desenvolverán nas instalacións do Pazo da Cultura.

Oubiña sinalou que esta é unha cita pensada para os fanáticos dos videoxogos, da manga e o anime "e doutras ramificacións culturais que entran dentro da chamada cultura friki". Incluirá talleres, charlas, competición e un espazo no que descubrir novos videoxogos, e lembrar os antigos.

Na práctica, e tal e como sinalou o edil, o evento xa comezou, pois xa está iniciado o torneo de League of Legends, que nas fases previas da competición xa conta cuns 130 participantes. A fase final deste torneo terá lugar no Recinto Feiral de Pontevedra, no propio espazo do evento.

Tamén haberá torneos de Valorant e Smash Bros. Ultimate, contando este último con máis de 100 participantes do estado e do Portugal, e será "o torneo máis grande organizado en Galicia ata o momento".

Cultura anime e friki
Cultura anime e friki | Fonte: deculture.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta