Atopan a un home morto na súa casa en Tordoia tras un incendio

Foron os veciños os que apagaron o lume.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2022 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

Un home duns  no interior da súa vivenda, afectada por un incendio, no municipio coruñés de Tordoia, na parroquia de Cabaleiros.

Segundo informou o 112, a vítima foi localizada por uns veciños que acudiron á casa ao darse conta de que da vivenda saía unha intensa fumareda.

Foron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 os que chamaron ao 112 para solicitar a intervención das forzas da orde despois de recibir un aviso por parte dos veciños da localidade ao fío das 08,45 horas.

Así, para prestar apoio ao equipo médico e coñecer as circunstancias do suceso, desde o 112 pasouse aviso aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Tamén se notificou aos Bombeiros de Ordes, aínda que finalmente non foi precisa a súa colaboración posto que os propios veciños conseguiron extinguir as chamas, que consumiron un armario, un moble auxiliar e algo de roupa de cama.

Incendio en casas
Incendio en casas | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta