O Concello da Coruña abre este martes o prazo para que autónomos e pemes soliciten axudas de 2.000 euros

Hai orzamento para 200 axudas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2022 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña destinará 400.000 euros para autónomos e as pequenas e medianas empresas co obxectivo de manter e impulsar a súa actividade económica durante 2022. O prazo para solicitar as axudas comezará este martes, 16 de agosto, e a subvención máxima para cada beneficiario será de 2.000 euros.

Esta axuda deberá destinarse ao pago das cotas da Seguridade Social ou das mutualidades dos seus respectivos colexios profesionais. Poderá ser subvencionable o 100% do gasto por este concepto ata un máximo de sete cotas entre xaneiro e xullo de 2022.

O prazo de presentación iniciará este martes e prolongarase ata o 16 de setembro. As persoas interesadas deberán presentar unha declaración responsable en liña na sede electrónica do Concello da Coruña. Esta subvención é compatible con calquera outra outorgada por outras institucións ou entidades públicas ou privadas.

Desta maneira, como indica nun comunicado, o goberno local de Inés Rey reforza o seu apoio ao tecido empresarial e económico na cidade tras a "incerteza despois da crise sanitaria que obrigou o peche temporal de negocios e restrinxir o acceso en moitos casos".

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta