A Deputación da Coruña subvenciona actividades culturais de 202 entidades sen ánimo de lucro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2022 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña subvenciona con máis de 931.000 euros a 202 entidades sen ánimo de lucro de toda a provincia para a realización de actividades culturais durante este ano.

Tal como indicou a administración provincial, as axudas van desde os 1.500 euros ata os 25.000 euros para levar a cabo proxectos como propostas educativas para promover o bo trato e previr a violencia sexual na infancia, festivais de música tradicións ou talleres de arte, ciencia e convivencia en galego.

Entre as asociacións beneficiarias da partida orzamentaria do departamento de Cultura da Deputación atópanse a Asociación Profesional de Artistas de Galicia, a Academia Galega de Teatro, Amigos dos Museos de Galicia, asociacións de nais e pais de alumnos de centros da provincia, a Asociación Cultural Naufraxios Galegos ou a Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra, entre moitas outras.

Neste sentido, o responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto, destacou a importancia de reforzar o tecido cultural asociativo, "tan relevante para seguir transmitindo e dinamizando, sobre todo entre a xente nova".

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, nun acto en Ferrol.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, nun acto en Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta