A Xunta non comunica lumes a menos que calcinen máis de 200.000 metros cadrados

É o equivalente a 12 campos de fútbol. Queda un incendio activo en Galicia, de acordo con Medio Rural.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2022 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

O incendio de Ferreira de Pantón, parroquia de Frontón, foi controlado na mañá deste xoves tras queimar 25 hectáreas. Segundo a información que facilita a Consellería de Medio Rural --que só comunica datos de lumes superiores a 20 hectáreas--, é o único incendio que queda en Galicia por extinguir nestes momentos.

Este lume, que se iniciou na noite do pasado luns en varios focos, quedou controlado ás 11,20 horas deste xoves. Nas tarefas de extinción traballaron, entre outros medios, sete helicópteros, 60 brigadas e 29 motobombas. O alcalde de Ferreira de Pantón, José Luís Álvarez, asegurou que o incendio foi "intencionado", xa que se descubriron "ata sete puntos diferentes onde se plantou lume".

INCENDIOS EXTINGUIDOS EN AGOSTO

Pola súa banda, queimáronse máis de 8.100 hectáreas no que vai de mes de agosto en Galicia. Esta cifra súmase ás máis de 34.000 hectáreas que arderon na segunda quincena de xullo. O 12 de agosto, máis dunha semana despois de que empezase na parroquia de Cures, quedou extinguido o lume de Boiro, na comarca do Barbanza. As hectáreas arrasadas por este lume forestal ascenden a 2.200, das que 607 eran monte arboledo e os 1.593 restantes de monte raso.

O lume de Boiro, que é o maior dos rexistrados ata agora durante o mes de agosto na comunidade galega no que respecta a superficie afectada, provocou a activación da alerta por proximidade a vivendas e desaloxos, queimou o monte da Curota e estendeuse aos municipios da Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Un avión de extinción de incendios traballa na extinción do incendio iniciado en Boiro / César Arxina - Europa Press. / Europa Press
Un avión de extinción de incendios traballa na extinción do incendio iniciado en Boiro / César Arxina - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta