A Xustiza declara nulo o despedimento dunha muller embarazada e obriga a empresa a readmitila

A compañía deberá indemnizala con 7.500 euros por danos morais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2022 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

O xulgado do Social número 2 de Santiago declarou nulo o despedimento dunha muller embarazada realizado pola empresa Integral Management Future Renewables S.L (Imfuture), de modo que obriga a compañía a readmitir á muller.

Así figura nun fallo con data do 9 de agosto de 2022, na que tamén se fixa que a compañía debe indemnizar a muller con 7.500 euros por danos morais, así como abonarlle o salario de tramitación desde a data de despedimento. Contra a sentenza cabe interpor recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Deste xeito, a sala declara nulo o despedimento ao considerar que "hai datos relevantes que permiten deducir, obxectiva e razoablemente, que o despedimento obedeceu ao seu estado de muller embarazada".

O fallo recolle que a muller foi despedida en novembro de 2021, cando estaba no segundo trimestre de xestación, mentres que a compañía tiña coñecemento deste feito desde xuño. Así, apúntase ao escaso tempo transcorrido entre o inicio da súa baixa por incapacidade temporal en outubro de 2021 e o seu despedimento.

Por tal motivo, o xulgado compostelán considera que "a extinción do seu contrato vulnerou o dereito fundamental a non ser discriminada por razón de sexo", á vez que entende que houbo "dano moral implícito na lesión do dereito fundamental", no que identifica cunha falta moi grave en materia de relacións labores.

Nun comunicado, a CIG aplaudiu a sentenza contra o que considera "lamentables prácticas empresariais discriminatorias que penalizan as mulleres por ser nais". "En pleno século XXI e con toda a lexislación que hai en materia de igualdade, que se sigan producindo este tipo de situacións é cando menos indignante", lamenta.

Arquivo - Embarazada. Foto de arquivo.. HOSPITAL DE MANISES - Arquivo
Arquivo - Embarazada. Foto de arquivo.. HOSPITAL DE MANISES - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta