Un total de 260 pazos están á venda en Galicia por entre 180.000 euros e 5 millóns

Supón a maior cifra desde que hai datos, segundo Fegein.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2022 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

Un total de 260 pazos atópanse á venda en Galicia, o que supón 60 máis que hai un ano, segundo un informe da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein), "cunha pinza de prezos entre 180.000 euros e os 5 millóns". Así, sinala que en Galicia hai uns 900 pazos catalogados no Inventario Xeral de Patrimonio, do cales 260 están en venda, o que supón a maior cifra desde que se computan datos.

Respecto diso, explica que moitos destes pazos non se anuncian, senón que están na carteira de clientes de consultores inmobiliarios ou despachos de avogados, sobre todo na Comunidade de Madrid. Máis dunha ducia de transaccións formalizáronse en 2021 e 2022 despois de non computarse ningunha en 2020.

Os máis buscados son os que están na zona da Ribeira Sacra --nas provincias tanto de Lugo como Ourense-- e os da costa galega nas provincias de Pontevedra e A Coruña. Algúns dos exemplos que cita entre os prezos que son visibles van desde os 195.000 euros dun pazo en Baralla ata os 3 millóns de euros en pazos de Sanxenxo e Moraña.

AXUDAS POR SER BIC

De tal forma, o presidente de Fegein, Benito Iglesias, reclama axudas especiais para a conservación e mantemento destes inmobles ao ser a maioría BIC.

Esta entidade apunta que "os pazos BIC son unha lousa burocrática, fiscal e económica demasiado pesada para a maioría dos seus propietarios e sobre todo herdeiros, xa que moitas das súas titularidades xa están en segundas ou terceiras xeracións, coa dificultade a maiores que isto representa para a súa comercialización e rehabilitación" debido ao seu estado "deficiente".

Fegein destaca que o pazo galego máis antigo está situado no municipio de Zas, na provincia da Coruña, e o "máis grande e impoñente" é o de Sober, cos seus 4.000 metros cadrados.

Arquivo - Pazo do século XIV á venda en Nigrán (Pontevedra). IDEALISTA.COM - Arquivo
Arquivo - Pazo do século XIV á venda en Nigrán (Pontevedra). IDEALISTA.COM - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Axudas por ser BIC ? Quen teña tenda que a atenda, e se non que a venda ! Xa sería o colmo darlle cartos aos que disfrutan da PROPIEDADE ! Pero seguramente algún espabilado conseguirá que lle financien a reconstrucción e logo igual cobra por visitar o "monumento" ? A Fundación Catedral é un bo exemplo de ESTAFA PATRIMONIAL !