A Xunta crea unha enquisa para que a mocidade participe no Plan Estratéxico de Xuventude

As respostas que se obteñan formarán parte da análise para orientar o contido do novo plan.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2022 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

A Xunta iniciou unha enquisa en liña para que a mocidade que o desexe participe na elaboración do novo Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2022-2027 compartindo as súas inquietudes.

Esta enquisa en liña, que permanecerá aberta ata o 30 de setembro, está especialmente dirixida á poboación galega de entre 14 e 30 anos e as respostas que se obteñan formarán parte da análise para orientar o contido do novo plan.

Neste formulario, a Administración autonómica pregunta polos principais temas que lle preocupan á mocidade e a importancia que teñen para ela distintos ámbitos de actuación de carácter transversal da Xunta. Estes tamén poden apuntar tres propostas para seguir mellorando o futuro da mocidade.

A Xunta impulsa esta consulta pública para escoitar a opinión da mocidade sobre as políticas que máis lles afectan. Así, esta estratexia 2022-2027, que dá continuidade á de 2021, establecerá os obxectivos, ámbitos de actuación e liñas de acción específicas para responder as súas demandas, que se recollerán tamén a través de foros de debate presenciais conforme vaia avanzando a elaboración do plan.

Neste 2022, o Goberno galego inviste na resposta ás necesidades dos máis mozos 18,5 millóns de euros a través da Dirección Xeral de Xuventude. Entre os programas que ten en marcha esta área destacan a campaña de verán, o Xuventude Mentoring, que conseguiu que 200 mozos tivesen a súa primeira experiencia laboral o pasado ano, o programa Xuventude Crea, o Carné Xove, ou os Espazos Xoves.

Mocidade ao redor dun computador. CONCELLO DE PAMPLONA
Mocidade ao redor dun computador. CONCELLO DE PAMPLONA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta