Denunciado por roubar corrente dun poste da luz para cargar un vehículo eléctrico en Poio

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 20/08/2022 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local de Poio denunciaron a un home por subtraer corrente dun poste da luz a través dun enganche ilegal para cargar o seu vehículo eléctrico. Os axentes foron requiridos na tarde do pasado xoves para comprobar unha posible fraude no fluído eléctrico na terreo da Seca.

No lugar, observaron un vehículo Twizy E-Tech eléctrico 100% que se estaba cargando directamente na rede eléctrica. O propietario resultou ser un electricista de Granada que fixera un adaptador caseiro para roubar corrente desde o poste. Os feitos foron postos en coñecemento do xulgado.

Identifican a un home que cargaba ilegalmente un vehículo nun farol en Poio.. POLICÍA LOCAL POIO
Identifican a un home que cargaba ilegalmente un vehículo nun farol en Poio.. POLICÍA LOCAL POIO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta