A Xunta acusa o Goberno de "inacción" ante a situación da industria electrointensiva

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2022 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, acusou este sábado ao Goberno central de "inacción" en relación coa industria electrointensiva, mentres outros países como Alemaña "poñen os seus recursos a disposición" das empresas afectadas pola crise da enerxía. Así o dixo, en declaracións aos medios, despois de que Bruxelas dese luz verde ao paquete de axudas proposto por Alemaña para compensar a alza nos prezos da enerxía na súa industria.

"Estamos ante unha situación na cal países como Alemaña están a buscar solucións para a súa industria, solicitando axudas por parte da UE, e, mentres tanto, en España, lamentablemente, hai unha inacción para favorecer o desenvolvemento da industria que está a provocar paralización de moita parte da nosa industria electrointensiva", dixo Conde.

Por iso, engadiu o vicepresidente galego, a Xunta sente "impotencia" ao ver "como en Alemaña pon os seus recursos a disposición da súa industria" mentres en España "se abren debates estériles como o acendido dos escaparates ou a utilización das gravatas". "O Goberno ten que reaccionar, porque se non corremos risco de deslocalización da nosa industria", resolveu.

O Vicepresidente da Xunta,  Francisco Conde
O Vicepresidente da Xunta, Francisco Conde | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta