GC Aberto
Temas: SERGAS MéDICOS

Non! Non é un problema de/por falta de médicos

Por admin | GCABERTO | 21/08/2022

Comparte esta noticia

A convocatoria das 106 prazas de Médicos de Atención Primaria da nova modalidade asistencial e o seu gran éxito, non fixo máis que expoñer e poñer de manifesto os grandes problemas, a falta de ideas e proxectos que se viven na Atención Sanitaria Pública de Galicia e que reflicten fundamentalmente unha grave problema de xestión e unha política de recursos humanos moi precaria que foi, e segue sendo, totalmente equivocada e tremendamente imprudente.

Concentración de persoal médico e de pediatría de Atención Primaria no Centro de Saúde de Rosalía de Castro, en Vigo. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS
Concentración de persoal médico e de pediatría de Atención Primaria no Centro de Saúde de Rosalía de Castro, en Vigo. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS

Coa presentación de máis de 3 candidatos por praza convocada (350) e que só 13 son de promoción interna, demostra, e de xeito definitivo, que non é un problema de falta de doutores; máis ben, un problema de respecto, dignidade, consideración e valoración do persoal e dos profesionais.

En definitiva, trátase de dar e ofrecer estabilidade e condicións laborais dignas aos profesionais do Sergas para despois aplicar medidas técnicas e profesionais, con persoal competente, cualificado e formado, algo que fomos deducindo, cada vez é máis nunha utopía. 

Asociación de Batas Brancas

Temas: SERGAS MéDICOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta