O PPdeG defende á Xunta na vaga de incendios: "Está a actuar ben"

Rexeirou a comparecencia do conselleiro do Medio Rural este mes e di que o fará cando remate a época de lumes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2022 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

O portavoz do grupo parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, opinou que, "en liñas xerais", a Xunta "está a actuar ben" na loita contra os incendios, con base nos acordos alcanzados na Cámara respecto desta cuestión.

Así se expresou a preguntas da prensa nunha xornada na que presentou os temas prioritarios con respecto ao comezo do curso político. Puy sinalou que o actual conselleiro de Medio Rural, José González, está a levar a cabo "actuacións que foron dialogadas no ámbito político". Ademais, engadiu que executaron o que "expertos e a maioría de políticos entenderon como a forma correcta de actuación".

Tamén sinalou que durante este ano concorreron moitas circunstancias como a "seca ou os incendios con características climáticas anómalas". Desta forma, continuou que as "cousas están a cambiar e as actuacións correspóndense co plan que se pactou na Cámara", en referencia ás conclusións da comisión de prevención de incendios de 2018.

Así, precisou que este problema afecta a moitos máis lugares de España e o Sur de Europa. Igualmente, remarcou que o conselleiro de Medio Rural "comparecerá ao final do período de incendios", despois que os populares denegasen a petición da oposición para que José González interveña de forma extraordinaria durante este mes.

Igualmente, o portavoz parlamentario fixo referencia a que durante o período estival o PPdeG continuou actualizando iniciativas e presentando novidades nas áreas que preocupan especialmente como a declaración da zona catastrófica.

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PPDEG
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta