(Vídeo) As opinións dunha estadounidense sobre Galicia: "quería mostrar a súa beleza"

A texana Rachel Anne recompila nun vídeo os puntos preferidos da Comunidade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2022 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

"Uno de mis sitios favoritos de España". Así describe Galicia a estadounidense Rachel Anne, unha youtuber afincada no Estado que dende hai anos sobe vídeos contando a súa experiencia sobre a península, os contrastes culturais entre un e outro lado atlántico... "Quería hacer este vídeo para mostrar la belleza de Galicia", explica a moza nun castelán fluído.

Rachel Anne no seu vídeo sobre Galicia
Rachel Anne no seu vídeo sobre Galicia

Na metraxe publicada recentemente, Rachel fai unha relación dos lugares máis "infravalorados" na Comunidade. "Cuanto has visto Galicia te quedas con un poco de morriña para el resto de tu vida", explica no vídeo, que trata fundamentalmente a área da Coruña. Iso si: esta vlogger promete ampliar con outra publicación as súas impresións das catro provincias para dar a coñecer esa beleza que deixa clara ao longo do vídeo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Celtic

Vaia rapaza mais simpatica. Unha fenomena