Soltadas seis crías de píllara das dunas na praia ferrolá de Esmelle

Foron criadas en catividade con outras 34 no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Oleiros

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2022 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Seis crías de píllara das dunas foron soltadas este martes na praia de Esmelle tras ser criadas en catividade con outras 43 no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Oleiros. A solta tivo lugar na mañá do martes e contou coa participación da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, representantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

Esta acción enmárcase dentro do plan de recuperación desta especie promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración coa universidade compostelá e a entidade ecoloxista. A solta deste martes completaron o proceso de recuperación destas aves, criadas no centro de Oleiros e que foron repartidas polas dunas de Corrubedo --Ribeira--, a praia de Vilarrube --Valdoviño-- e o citado areal ferrolán.

O obxectivo do proxecto é que a píllara das dunas volva ser unha especie habitual no norte da provincia da Coruña, onde se detectou un descenso da poboación nos últimos anos, segundo explicou a bióloga María Vidal Malde, da USC. "Constatamos que polos anelados nados en praias de Ferrolterra, criaban noutras praias de Galicia, como na costa de Bergantiños ou Barbanza, por iso pensamos que é unha estratexia boa liberalos nas praias desta comarca", detallou a investigadora.

Pitiño de Píllara das dunas
Pitiño de Píllara das dunas | Fonte: Axena

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta