Galicia rexistra 155 novos casos de Covid e baixan os pacientes ingresados en planta

O número total de infeccións activas descubertas por PCR sitúase nos 1.475.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2022 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

Galicia mantén o índice de novos contaxios de Covid-19 e, nas últimas horas, rexistráronse 155 novos casos, de maneira que o número de persoas coa infección activa ascendeu a 1.475 (21 máis que no último balance).

Segundo os datos feitos públicos este mércores pola Consellería de Sanidade (con información recollida ata as 18,00 horas do martes), o número de casos activos de Covid pasou de 1.454 a 1.475, e detectáronse 155 contaxios a maiores, fronte aos 144 novos casos notificados hai un día.

Por áreas, os novos contaxios aumentaron en todas excepto en Ourense, Santiago e Vigo. Así, na área sanitaria da Coruña e Cee hai 340 casos activos e 32 contaxios novos; na área Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hai 250 casos e 20 contaxios novos; na área de Lugo, A Mariña e Monforte hai 227 pacientes coa infección activa e detectáronse 29 novos casos; na área de Santiago e Barbanza o número de infeccións ascende a 213 e rexistráronse outros 27 casos; na área de Pontevedra e O Salnés, hai 171 casos activos e 21 novos contaxios; na área de Vigo hai 167 casos e 11 novos contaxios; e na área de Ferrol hai 104 persoas con Covid e 15 novos casos notificados.

Con respecto á presión hospitalaria, hai 10 persoas menos ingresadas, debido á redución na ocupación de camas convencionais, de maneira que seguen 6 enfermos con Covid na UCI de Galicia, e baixaron a 137 os ingresados en planta. Deste xeito, hai 3 pacientes en UCI e 51 en planta na área da Coruña; na área de Pontevedra hai un paciente en UCI e 19 en planta; na área de Santiago hai unha persoa en coidados críticos e 15 en camas de hospitalización convencional; e na área de Vigo hai un paciente en UCI e 10 en planta.

A eles súmanse 16 pacientes en planta na área de Ourense, outros 14 na de Ferrol, e 12 na área de Lugo. En ningunha destas áreas sanitarias hai pacientes en UCI.

Desde que comezou a pandemia de Covid-19, rexistráronse en Galicia 673.710 contaxios, faleceron coa infección 3.877 persoas e 668.465 curáronse (das que 134 recibiron o alta epidemiolóxica nas últimas horas). Así mesmo, administráronse máis de 6,7 millóns de doses da vacina contra a enfermidade.

Varias persoas na terraza dun bar, a 18 de setembro de 2021, na Coruñ / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press
Varias persoas na terraza dun bar, a 18 de setembro de 2021, na Coruñ / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta