Case 200 nenos e nenas saharauís participan en Galicia no programa 'Vacacións en Paz'

A rapaza desfrutou do verán en casas de acollida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2022 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

Un total de 184 nenos e nenas saharauís, de entre 10 e 12 anos, participan en Galicia no programa 'Vacacións en Paz', nunha iniciativa con apoio de familias que os acollen temporalmente. Estes datos foron achegados este mércores coincidindo co encontro que o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, mantivo con eles.

Fíxoo xunto a membros da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) no Museo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MuNCyT), durante unha visita de grupo á instalación.

O delegado do Goberno fixo alusión ao arraigamento deste programa na comunidade autónoma galega, "con décadas de traxectoria", á vez que remarcou o respaldo do Goberno ao mesmo.

Este ano participan 99 nenas e 85 nenos saharauís en Galicia. Por provincias, 84 deles están a pasar o verán en Pontevedra, 69 na Coruña, 19 en Ourense e 12 en Lugo.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, participa nun encontro con nenos saharauís. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, participa nun encontro con nenos saharauís. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta