O número de casos Covid en Galicia estancado en torno aos 1.500

O maior número de infectados está na área da Coruña.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/08/2022 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.552, deles 351 son da área da Coruña, 231 da de Lugo, 259 da de Ourense, 186 da de Pontevedra, 184 da área de Vigo, 226 da de Santiago e 111 da de Ferrol.

Test coronavirus, covid
Test coronavirus, covid

Segundo informa a Consellería de Sanidade na última actualización, do total de pacientes positivos, 8 están en UCI, 122 en unidades de hospitalización e 1.422  no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 668.542 persoas curadas, rexistrándose 3.877 falecementos.  

O número de PCR realizadas é de 3.969.651.

Nos hospitais galegos, hai 130 persoas ingresadas, fronte ás 143 da última xornada. Oito deles están nas unidades de coidados intensivos e outros 122 en planta. A eles súmanse 1.422 no domicilio.

Por áreas, na da Coruña son 48 as persoas ingresadas en planta e tres en UCI; na de Ferrol, 9 en planta; en Lugo, 12; en Ourense, 14; en Pontevedra, 19, con 18 en planta e unha en UCI; en Santiago, 14, con 13 en planta e un en UCI e en Vigo, 11 deles oito, en UCI.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta