Formoso acusa ao PP de "darlle as costas aos galegos" polo 'non' ao decreto da calefacción

O líder do PSdeG demanda á Xunta compromisos orzamentarios coa autovía da Costa da Morte.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2022 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, acusou ao PP de "darlle as costas aos galegos" por votar en contra do decreto de aforro enerxético aprobado este xoves no Congreso dos Deputados. "(O PP) Aposta novamente polas siglas por encima dos intereses de Galicia", espetou o responsable socialista en declaracións aos medios en Redondela, municipio que visitou este xoves e onde tivo un encontro coa alcaldesa, Digna Rivas.

Para Formoso, o 'non' do partido que dirixe Alberto Núñez Feijóo supón "votar en contra de que un rapaz que traballa en Vigo ou estuda na Coruña poida facer a viaxe en tren de forma gratuíta". Ademais, tamén afea ao PP que se opoña a outra das medidas incluídas neste decreto, en alusión á ampliación das bolsas extraordinarias, unha medida que "permitirá sufragar o extracuste da alza da vida por culpa da inflación".

ACUSA A XUNTA DE "DESLELTAD INSTITUCIONAL"

En Redondela, Formoso acusou á Xunta de "deslealdade institucional" por "bloquear" as obras na avenida Mendiño, comprometida, segundo lembran os socialistas nun comunicado, no ano 2019. "Os veciños e veciñas de Redondela merecen un respecto", remarcou Formoso, quen afeou ao Goberno autonómico de "mirar as cores políticas" dos executivos locais á hora de facilitar investimentos.

Ademais, criticou a supresión de catro profesores no IES Mendiño de Redondela, o que, ao seu xuízo, supón "dar as costas á realidade dunha vila que crece e incorpora cada vez máis alumnas e alumnos ao centro". Pola súa banda, a rexedora redondelana incidiu en que a decisión da Consellería de Educación representa "unha deslealdade institucional que non se pode consentir".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, xunto á alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e membros da agrupación locall. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, xunto á alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e membros da agrupación locall. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta