Repunta a economía galega desde maio pola recuperación do turismo

O Foro Económico destaca prevé un inverno "incerto" pola guerra de Ucraína.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2022 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

O Foro Económico de Galicia destaca un repunte da economía galega desde o pasado mes de maio sustentado na recuperación do turismo, con "cifras históricas" de chegada de viaxeiros e de transporte de pasaxeiros, que crecen máis dun 50%.

O produto interior bruto (PIB) galego creceu no segundo trimestre do ano un 4,4% en relación co mesmo período do ano anterior, segundo publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Respecto diso, o Foro Económico valora esta evolución favorable, aínda que se ve contida "polas incertezas na contorna política e económica da guerra de Ucraína e as súas consecuencias na alza de prezos en materias primas e crise enerxética". Unha cuestión que afectará á confianza dos consumidores no inverno.

Tamén subliña o bo comportamento das importacións, xunto co transporte marítimo de mercadorías, con alzas superiores ao 20%. No outro extremo, a produción industrial sofre un retroceso do 20% en termos interanuais.

Un grupo de turistas consulta unha carta na terraza dun bar en Santiago de Compostela.. César Argina - Europa Press
Un grupo de turistas consulta unha carta na terraza dun bar en Santiago de Compostela.. César Argina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta