Os traballos agrícolas dun tractor provocaron un lume de 1,6 hectáreas en Lalín

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2022 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

Uns traballos agrícolas realizados por un veciño de Lalín foron a causa dun incendio forestal que queimou 1,6 hectáreas o pasado 19 de agosto no municipio pontevedrés.

Diso informou este venres a Policía Autonómica, cuxos axentes do grupo de investigación de incendios tomaron declaración ao presunto responsable do lume.

O lume declarouse debido aos traballos de sega cun tractor con rotativa que o suposto responsable realizaba nunha leira da parroquia de Pardesoa.

Como apunta a Policía Autonómica, a fricción da maquinaria coas pedras do terreo orixinou unhas faíscas que prenderon na vexetación e derivaron nun incendio que queimou 1,6 hectáreas.

O atestado da investigación foi remitido ao xulgado de instrución en funcións de garda de Lalín. No que vai de ano 2022, un total de 39 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

Brigadista ante o lume nun incendio en Lalín
Brigadista ante o lume nun incendio en Lalín | Fonte: Rafa Cuíña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta