Os bonos multiviaxes do bus urbano de Santiago serán un 30% máis baratos desde o 1 de setembro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2022 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago baixa desde o 1 de setembro un 30 por cento os bonos multiviaxes do bus urbano, ao acollerse á subvención do Ministerio de Transportes, aínda pendente de resolverse pero en previsión de que será positiva.

Deste xeito, a rebaixa do bono ordinario pasará de 0,60 euros por viaxe a 0,42; o bono escolar, de 0,40 euros por viaxe a 0,28; e o bono mensual, de 26 a 18,20 euros. A medida aplicarase directamente ao recargar o correspondente bono, sen ningún trámite adicional.

As persoas beneficiarias non poderán dispor de máis de 100 viaxes no cartón de bonificación, por tanto, se un cartón ten pendente 95 viaxes, non se lle permitirá facer unha recarga nova ata que queden 90 viaxes, momento no que poderá facer unha recarga de 10.

Nos bonos obxecto desta subvención pódense empregar os cartóns bono actuais, polo que non é necesario adquirir unha nova se xa se conta cunha das mencionadas (ordinario, escolar ou mensual).

Autobús urbano Santiago de Compostela Galicia viaxeiros autobús urbano. EUROPA PRESS - Arquivo
Autobús urbano Santiago de Compostela Galicia viaxeiros autobús urbano. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta