Falecen outras tres persoas con covid en Galicia

Descenden os hospitalizados e os casos activos, que se sitúan en 1.499.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2022 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

Os falecidos por Covid desde o inicio da pandemia ascenden en Galicia a 3.885 tras notificarse nas últimas horas tres novos falecidos. Mentres, o número de casos activos descende ata situarse en 1.499 (65 menos), con 108 novos contaxiados nas últimas horas, de acordo co último parte de Sanidade con datos ás 18,00 horas do luns.

Dous na porta da residencia das Gándaras, a maior da provincia de Lugo,a 17 de agosto de 2021 / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press
Dous na porta da residencia das Gándaras, a maior da provincia de Lugo,a 17 de agosto de 2021 / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Os falecidos corresponden a un home de 69 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza, o pasado 27 de agosto, e outros dous homes, cuxas mortes se rexistraron un día despois: un de 91 anos e outro de 82, ambos na área sanitaria da Coruña e Cee.

En canto ao número de casos activos, 301 corresponden á área da Coruña; 201 á de Lugo; 269 á de Ourense, 185 á de Pontevedra; 212 á de Vigo; 226 á de Santiago e 103 á de Ferrol.  En canto aos casos abertos nas últimas horas, hai 12 na da Coruña; cinco na de Ferrol; once na de Lugo; 29 na de Ourense, 15 na de Pontevedra; 16 na de Santiago e 20 na de Vigo.

MENOS HOSPITALIZADOS

Do total de pacientes positivos, seis están en UCI e 121 en unidades de hospitalización co que o número total de ingresados é de 127, catro menos respecto ao parte facilitado na xornada anterior. Hai 1.372 en domicilio. Por áreas, a de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos e a de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, non teñen pacientes en UCI. En planta son nove e 19, respectivamente.

Na da Coruña e Cee, hai 42 ingresados, un en UCI e o resto en planta; na de Ferrol, son sete pacientes, seis en planta e un en UCI; e na de Pontevedra e O Salnés, 20, deles 19 en planta e un en unidade de coidados intensivos. Na de Santiago de Compostela e Barbanza, son 17, un en UCI, mentres que en Vigo, son 13, dúas en unidade de coidados intensivos.

Ata a data, en Galicia hai un total de 669.185 persoas curadas, meintras que os contaxiados ascende a 674.462. O número de PCR realizadas é de 3.971.023, mentres que as doses de vacina administradas é de 6.723.629.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta