Os encoros galegos seguen perdendo auga e quedan ao 50% da súa capacidade

A demarcación Galicia Costa sitúase en niveis máis preocupantes que a Miño-Sil.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2022 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

Os encoros galegos continúan unha semana máis baixando de nivel e rozan xa o limiar do 50% despois de perder 29 hectómetros no últimos sete días. Segundo os datos facilitados este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, os encoros das dúas concas hidrográficas da comunidade suman na última semana de agosto 1.863 hectómetros de auga, o 50,16% da súa capacidade total.

Vista xeral sobre o estado do encoro de Cenza na conca Miño-Sil, a 24 de agosto de 2021, en Galicia / Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo / Europa Press
Vista xeral sobre o estado do encoro de Cenza na conca Miño-Sil, a 24 de agosto de 2021, en Galicia / Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo / Europa Press

Así as cousas, encamíñanse a baixar do limiar da metade da súa capacidade tras semanas perdendo auga nun contexto de seca que deixa a reserva hídrica das demarcacións galegas case 15 puntos por baixo da media da última década.

Deste xeito, os encoros da conca Miño-Sil están ao 48,6%, con 1.472 cúbicos de auga almacenada, 21 menos que a semana pasada. Na conca Galicia Costa, pola súa banda, hai embalsados 391, o que segundo Europapress tamén corresponde ao 48,6% da súa capacidade despois de baixar 11 hectómetros no últimos sete días. En comparación co pasado ano, a demarcación Galicia Costa ten 37 hectómetros menos e a Miño-Sil, 57.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta