Goberno e Xunta apoian a candidatura do xeoparque do Cabo Ortegal á Unesco

O delegado trasladouse a Cariño para estar brevemente coa comisión avaliadora.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2022 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

O Goberno e a Xunta mostraron este martes a candidatura do xeoparque do Cabo Ortegal, no municipio de Cariño, á distinción mundial da Unesco, apoio que trasladou persoalmente tanto o delegado do Goberno, José Miñones, así como a titular da Consellería de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, entre outros.

Este martes trasladáronse ao municipio de Cariño os dous integrantes da comisión avaliadora do organismo internacional, que están presentes estes días nos sete municipios que integran e impulsan este proxecto, como son Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño.

En declaracións aos medios, Miñones detallou que "o xeoparque do Cabo Ortegal conta con todas as características necesarias para alcanzar o recoñecemento internacional como xeoparque e estou seguro de que os auditores da Unesco así o están comprobando". Así mesmo, o delegado do Goberno lembrou que desde Madrid se concedeu a esta iniciativa un financiamento duns 1,5 millóns de euros na convocatoria extraordinaria de 2021 dos 'Plans de Sustentabilidade Turística en Destino 2022-2024'.

"Se o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo seleccionou este proxecto é porque vimos que a proposta de Cabo Ortegal cumpría con todos os criterios do turismo cara os que camiñamos, como é unha transición verde e sustentable, eficiencia enerxética, transición dixital, calidade e vocación turística do destino, ademais do carácter litoral do plan".

OUTRAS ADMINISTRACIÓNS

O delegado do Goberno tamén quixo recoñecer "o intenso traballo realizado polos sete concellos impulsores e o respaldo que vén dando á iniciativa a Deputación da Coruña", onde tamén está involucrada a Xunta. "Este é un exemplo de colaboración institucional, no que as distintas administracións, tamén a autonómica, estamos a implicarnos para dar apoio a unha candidatura que reforza a Galicia como referente en turismo sustentable", sentenciou.

Cabo Ortegal
Cabo Ortegal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta