Pillan un home que tentaba prender lume baixo unha árbore en Vigo

É tamén o presunto autor dun lume que calcinou varios colectores.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 30/08/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia



Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a un veciño da cidade, D.M.G., de 43 anos de idade, como presunto autor dun lume que calcinou varios colectores, e que foi sorprendido no parque da Riouxa cando prendía unhas follas secas baixo unha árbore.

Segundo confirmaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do luns, cando o 092 recibiu un aviso sobre un colector ardendo na Baixada á Rotea. Cando chegaron os axentes entrevistáronse cun traballador dunha empresa frigorífica das inmediacións e esta testemuña explicoulles que acababa de botar da zona a dúas toxicomános, dos que achegou a descrición física, e que poderían ser os causantes do lume.

Mentres os bombeiros extinguían as chamas, que afectaron a varios colectores e a cableado da liña telefónica, os axentes realizaron unha procura polo parque da Riouxa e observaron un estraño movemento nun grupo de árbores.

Ao achegarse, sorprenderon a un home oculto que estaba a tentar plantar lume a unha chea de follas secas acumuladas na base dunha árbore. O home respondía á descrición facilitada pola testemuña, polo que os policías sospeitaron que tamén estaba implicado no incendio dos colectores.

Ao rexistralo, os axentes atopáronlle dous chisqueiros nos petos, que lle foron intervidos. Así mesmo, realizaron un informe de intervención ante unha posible reclamación por danos.

Por outra banda, a Policía Local tamén informou doutra intervención que se produciu pouco despois Matamá. Nesa ocasión, as chamas producíronse nun vehículo estacionado, e afectaron tamén o cableado de Telefónica e ao portal de acceso dun inmoble.

Un coche da Policía Nacional
Un coche da Policía Nacional | Fonte: Policía Nacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta