O PPdeG celebra os 100 primeiros días de Rueda como líder do PP: "Imos tinguir de azul o mapa municipal"

"Imos exportar aos 313 concellos o modelo de crecemento económico, estabilidade institucional e rigor na xestión da Xunta", di Paula Prado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2022 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cumpre 100 días á fronte do Partido Popular de Galicia no que a organización considera unha "transición modélica" despois da saída de Alberto Núñez Feijóo para asumir o liderado do PP a nivel estatal.

Nun comunicado, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, resaltou que Rueda tivo Galicia como "única proridad" durante os seus primeiros días á fronte do partido, nos que, segundo a tamén deputada, mostrou o seu "estilo propio".

"Dedicación, esforzo, compromiso e traballo para continuar o legado do primeiro partido de Galicia", resumiu a responsable popular sobre o labor do seu xefe de filas, de quen destaca a "intensa actividade" a nivel orgánico desde a súa proclamación no congreso dos populares celebrado a mediados de maio en Pontevedra.

"O Partido Popular de Galicia non se detén. Temos que seguir traballando para os galegos e as galegas, escoitando as súas inquietudes co fin de dar solución aos seus problemas e mellorar as súas vidas", engadiu Prado, que valorou a posta en marcha de distintas comisións temáticas que o PP creou coa vocación de que sirvan de "laboratorios de ideas" para achegar propostas "ás dificultades" ás que se enfrontan sectores como o turismo, a economía ou o mar.

Así as cousas, o PP fixa agora a súa mirada nas eleccións municipais do próximo ano co obxectivo de "tinguir de azul" o mapa municipal e "exportar aos 313 concellos o modelo de crecemento económico, estabilidade institucional e rigor na xestión da Xunta".

A nivel autonómico, os populares apuntan á meta de "renovar cada día a confianza maioritaria dos cidadáns para seguir contando cun goberno que só se deba aos galegos, co presidente Rueda á fronte" e, a nivel estatal, apelan a "arroupar a Alberto Núñez Feijóo ata chegar á Presidencia do Executivo central nun momento no que España o necesita máis que nunca".

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, sobre un fondo cunha imaxe do líder do seu partido en Galicia, Alfonso Rueda. PPDEG
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, sobre un fondo cunha imaxe do líder do seu partido en Galicia, Alfonso Rueda. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta