Coñece o ranking das nacionalidades dos turistas que chegaron a Galicia

Unha estatística experimental do INE que mide o turismo a partir de teléfonos móbiles, que sitúa os visitantes en 204.648.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/09/2022 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Os turistas estranxeiros que visitaron Galicia en xullo situáronse en 204.648, fronte aos 149.264 de xuño, segundo unha estatística experimental que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE) e que mide o turismo a partir de teléfonos móbiles.

O que pretende este estudo é coñecer de forma agregada, a través da sinalización dos teléfonos móbiles, mediante eventos activos e pasivos captados polas antenas de telefonía, a procedencia dos turistas estranxeiros que visitan as distintas comunidades autónomas, provincias e municipios.

Tamén examina a procedencia e país/países que visitan os turistas residentes nas súas viaxes ao estranxeiro e a procedencia e destino dos turistas residentes que visitan as distintas comunidades autónomas, provincias e municipios --nestes dous casos, a estatística mostra datos de xuño--.

En canto aos datos actualizados este xoves, os correspondentes a xullo de Galicia como receptora de turistas estranxeiros, os números sitúan en primeiro lugar a Portugal, con 63.375 visitantes; seguida de Francia (31.954), Países Baixos (17.114), Alemaña (13.507) e Suíza (10.534). A continuación figuran Reino Unido (10.531), Estados Unidos (9.969), Italia (7.365), Bélxica (6.339) e Austria (3.307).

DATOS ESTATAIS

España recibiu o pasado mes de xullo a visita de preto de 9,1 millóns de turistas internacionais, o que supón duplicar (106,2%) a cifra rexistrada no mesmo mes de 2021, segundo datos publicados este martes polo INE. Con iso, nas sete primeiros meses do ano o número de visitantes internacionais supera os 39,3 millóns.

Un peregrino fai a súa ruta acompañado polo seu can
Un peregrino fai a súa ruta acompañado polo seu can | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta