Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/09/2022 | Actualizada ás 17:14
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lamentou que a situación que vive a gobernabilidade do Concello de Ourense e manifestou que "a moción de censura será o 28 de maio", nas próximas eleccións municipais.
"Xa está ben de xerar falsas expectativas e de facer o peor da política. Está a provocar que moitas persoas se afasten deste ámbito ao percibir negociacións escuras", sostivo Pontón, en declaracións aos medios, durante unha visita á cidade das Burgas.
Así, dixo que o BNG "ten claro" que "a moción de censura será o 28 de maio cando se convoquen as eleccións". Así dixo que a formación traballa para que haxa un novo goberno liderado polo BNG: "porque é a única solución, porque o resto estamos a ver que é o peor da política".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.