"Gracias a @TVGalicia por no cortar la pregunta que incomodó a @ionebelarra"

O xornalista próximo á ultradereita Javier Negrete, despedido de El Mundo por non respetar a ética profesional, felicita á TVG por "non ser prensa prostituta al poder" ao emitir unha pregunta que tentaba ignorar ás vítimas franquistas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/09/2022 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

As redes sociais volven estar incendiadas tras a felicitación que o xornalista próximo á ultradereita Javier Negre fixo da TVG

Un dos anuncios de Javier Negre na que destaca o papel do líder da ultradereita de Vox, Santiago Abascal
Un dos anuncios de Javier Negre na que destaca o papel do líder da ultradereita de Vox, Santiago Abascal

O director da televisión por internet Estado de Alarma destacou o "bo facer" da TVG por non cortar unha pregunta feita á ministra de Dereitos Sociais e secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra. Tras unha homenaxe das vítimas do franquismo á ministra preguntóuselle se ía honrar ás "vítimas de Paracuellos". "Vou responder aos medios de comunicación", espetoulle a ministra, algo que respetaron o conxunto dos medios que alí había, pero non a TVG. 

E esta foi a resposta do avizado xornalista:

E esta a petición de responsabilidades que xa lle fan á TVG tertulianos como Antón Losada.

POLÉMICO XORNALISTA

Entre os méritos xornalísticos de Javier Negre está o de ser xefe de prensa no Club de Música e Jazz San Juan Evangelista, participar na dirección da película Torrente 2: Misión en Marbella de Santiago Segura e ser colaborador do programa de Ana Rosa Quintana en Antena 3 onde actualmente é colaborador doutro programa da mesma casa Espejo Publico liderado por Susana Griso.

Como recolle dirconfidencial, Javier Negre, foi até maio de 2019 xornalista de investigación do diario español El Mundo. Estaba especializado en asuntos de política e reportaxes de investigación. Cubriu temas relacionados coa banda terrorista ETA e tamén algunhas celebritis Españolas do momento, exercendo todos estes labores dentro das diferentes seccións do xornal. Tras a publicación dunha entrevista a unha das vítimas do asasino Sergio Morate, sen o consentimento da muller, «reiteradas faltas disciplinarias» e o seu labor peridísitico fóra do medio, El Mundo procedeu co seu despedimento. Actualmente xestiona a plataforma Estado de Alarma, moi próxima á ultradereita e moi crítica co goberno de Sánchez.

O COMITÉ INTERCENTROS DA CRTVG PIDE DIMISIÓNS

A raíz das críticas á TVG por facer "seguidismo da ultradereita", xunto ao último episodio de ausencia de perspectiva de xénero que numerosos profesionais veñen denunciando en relación á serie 'Saudade de ti', o Comité Intercentros dos medios públicos de comunicación de Galicia alerta, unha vez máis, da "deriva ideolóxica" á que os máximos responsables da Corporación están levando os servizos informativos. 

 

Ante estas novas manifestacións de uso 2partidista e irresponsable" da CRTVG, o Comité Intercentros, "recollendo a fartura do cadro de persoal", esixe as dimisións da directora

da Área de Información, Concepción Pombo Romero, do subdirector Alejandro López Carballeira, así como dos dous redactores xefes e do responsable do Telexornal Mediodía", recolle nun comunicado. Tamén esixe o cese do director da Área de Contidos, Fernando Rodríguez Ojea, e das directivas Rosa Sierra e Vanessa Grela. 

 

Este "ataque sen precedentes ao servizo público", recollen nun comunicado, obriga a representación legal do persoal da TVG e da RG a denunciar que "a situación interna é insostible", e anuncia que xa traballa no deseño dunha "resposta contundente a esta deriva ideolóxica" que permita avanzar na "erradicación da manipulación informativa e do sexismo na CRTVG". Galicia Confidencial contactou tamén coa CRTVG pero trasladan que non farán declaracións ao respecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta