O BNG condena o ataque a Cristina Fernández de Kirchner

Os nacionalistas trasladaron á vicepresidenta arxentina e ao partido de goberno a súa "total solidariedade na repulsa da violencia contra os ataques sufridos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2022 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A Executiva Nacional do BNG condenou este venres o ataque á vicepresidenta de Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, tras ser encañonada cunha arma cando se atopaba nas inmediacións do seu domicilio en Bos Aires.

Nun comunicado, o BNG sumouse ao chamamento realizado pola 'Fronte para Todos' de Arxentina, a coalición política de goberno, a comprometerse con "a procura da paz social por encima de calquera diferenza". Así mesmo, defendeu que as "incitacións ao odio" que aseguran sofre Cristina Fernández desde hai meses "só fan incrementar o clima de violencia".

Así, o Bloque Nacionalista Galego trasladou á vicepresidenta arxentina e ao partido de goberno a súa "total solidariedade na repulsa da violencia contra os ataques sufridos".

Cristina Fernández de Kirchner - Fonte: Wikipedia
Cristina Fernández de Kirchner - Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta