A Xunta avisa de que debería chover de forma continuada "durante un mes" para reverter a gravidade da seca

Chama a continuar cun "esforzo de contención" e un consumo "responsable" de auga.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/09/2022 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, avisa de que deberá chover de forma continuada "durante un mes" para que "se reverta esta situación de gravidade" de seca e así volver á "normalidade".

Fortes choivas nas inmediacións da Torre de Hércules, na Coruña
Fortes choivas nas inmediacións da Torre de Hércules, na Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

En declaracións este luns nun acto en Arteixo, a conselleira asegurou que estes "poucos días de choivas" son "benvidos", xa que "chegan como auga de maio". No entanto, a conselleira deixa claro que a situación de seca "segue sendo grave", polo que "esta choiva destes días non vai cambiar a situación", senón que só servirá para que a gravidade non se incremente.

Vázquez fixo un chamamento ás entidades locais e a cidadanía a continuar cun "esforzo de contención" e un consumo "responsable" de auga.

As máximas de choiva no que vai de luns en Galicia recóllense en Santa Comba (67,3 litros por metro cadrado), Vilanova de Arousa (60,9 l/m2) e Carnota (59,8 l/m2).

Galicia atópase afectada pola influencia de baixas presións que provocaron unha fronte con choivas que entran de oeste ao leste, co furacán Danielle que segue o seu movemento polo Atlántico cara ao nordeste.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ComulgaConRueda

A xunta pode dicir misa e pedirlle ao apóstolo, como bos espanholeiros.