Son as Unidades de Diagnóstico Rápido a solución para a saturación da Atención Primaria?

A Sociedade Galega de Medicina Interna publica varios estudos nos que defende este tipo de unidades sanitarios para evitar os colapsos en Urxencias pero advirte da preparación dos sanitarios e que os pacientes aproben este modelo asistencial. Con todo, en Galicia aínda non existe ningún tipo desta unidade para a Atención Primaria.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/09/2022 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Os custos sanitarios, en particular aqueles asociados á hospitalización dos pacientes,

Entrada en Urxencias
Entrada en Urxencias | Fonte: © Miguel Núñez. Entrada dunha posible infectada por coronavirus en Urxencias ©Miguel Nuñez Entrada dunha posible infectada por coronavirus en Urxencias ©Miguel Nuñez

supoñen unha parte moi importante do orzamento dos Sistemas Públicos de Saúde, entre

eles o galego e español. Ante o constante aumento nos requirimentos de hospitalización e os problemas na Atención Primaria, algúns hospitais públicos apostaron por este sistema para axilizar os ingresos hospitalarios e ver aqueles que poidan ser "inapropiados ou innecesarios". En Galicia funcionan as Consultas de Alta Resolución e logo están as "vías rápidas", especialmente para a detección dos tumores. E os espcialistas consultados por Galicia Confidencial suliñan que "é do pouco que funciona ben na sanidade pública galega".

Por iso, nos últimos tempos hai quen cre que unha das solucións da conxestión da sanidade pública galega pode estar na Unidades de Diagnóstico Rápido (UDRs). Un sistema que supón "unha alternativa eficiente á hospitalización convencional, especialmente en pacientes con requirimentos diagnósticos, e redundan nun aforro de custos para o sistema". Así o considera o especialista en Medicina Interna do Complexo Universitario de Santiago e profesor da área de Ciencias da Saúde na Facultade de Medicina na USC, José Antonio Díaz Peromingo.

Nun artigo na Revista Clínica, editada pola Sociedade Galega de Medicina Interna, Peromingo destaca que as UDRs supoñen unha alternativa á hospitalización convencional que "busca unha maior eficiencia, sen perder calidade asociada".  Estas unidades adoitan estar compostas de médicos internistas, e de persoal de enfermaría que se encargaría da realización de probas analíticas ou EKG. Actualmente tamén existe nelas a posibilidade de realizar estudos ecográficos clínicos aos pacientes, tanto abdominais como venosos ou cardíacos. 

Un monitor situado fronte ao control de Enfermaría reflicte as constantes vitais de todos os pacientes ingresados en Urxencias. HOSPITAL POVISA
Un monitor situado fronte ao control de Enfermaría reflicte as constantes vitais de todos os pacientes ingresados en Urxencias. HOSPITAL POVISA

Por iso, os principais obxectivos das UDRs son a realización de estudos diagnósticos con celeridade en pacientes para evitar determinadas patoloxías, sobre todo nos que hai sospeita de procesos graves como neoplasias. É un xeito de diagnostiar evitando ingresos hospitalario, diminuíndo os custos relacionados coa hospitalización e evitando os colapsos en Urxencias.

"En tempos de pandemia, as UDRs son,se cabe,máis importantes que nunca. Os pacientes con potenciais enfermidades graves deben ser avaliados de forma presencial porque a exploración física segue sendo unha ferramenta fundamental do diagnóstico,e é aquí onde estas unidades poden ser de máis axuda", engade o especialista.

O "ÉXITO" DAS UDRs

Pero para Peromingo, para que estas unidades sexan eficaces os especialistas que traballen nelas deben de ser "dinámicos, abertos ás derivacións" desde o Servizo de Urxencias ou desde Atención Primaria, sobre todo, aínda que tamén en ocasións desde outros Servizos do Hospital. "Idealmente deben ser capaces de dar unha resposta á primeira consulta nun ou dous días, así como de coordinarse con Servizos Centrais (Análises Clínicas, Microbioloxía e sobre todo, Radiodiagnóstico e Anatomía Patolóxica) e con outros especialistas para axilizar as probas diagnósticas pertinentes", apunta. En todo caso, recoñece que unha parte do horario laboral do internista ten que dedicarse  "a percorrer o Hospital co fin de involucrar ao resto de actores implicados, no diagnóstico o máis rápido posible dos pacientes".

Este escialista en Medicina Interna cre que as UDRs supoñen un "excelente exercicio diagnóstico-terapéutico" para a formación dos Médicos Internos Residentes, tanto de Medicina Interna (sobre todo), como doutras Especialidades como Medicina Familiar e Comunitario, por exemplo.  Con todo, para unha maior eficiencia do servizo, a derivación debería circunscribirse a pacientes con enfermidades potencialmente graves ou de curta evolución que precisasen un diagnóstico rápido, deixando aquelas que impresionen de menor gravidade ou maior cronicidade, para outro tipo de consultas máis xerais de Medicina Interna.

O CASO GALEGO

Tamén, un especialista membro da asociación Batas Blancas, destaca a importancia deste tipo de servizos para un tratamento rápido das patoloxías. Así, confirma a existencia de "Vías Rápida" para o tratamento de cancros nos distintos hospitais galegos. "Funciona moi ben, especialmente para os diagnósticos xa que nunha semana o especialista pide todo tipo de probas para que o expediente do doente non quede no aire", salienta en declaracións a Galicia Confidencial. 

 

Tamén  destaca o traballo que realiza a Unidade de Diagnóstico Rápido que existe no CHUAC para as patoloxías toráficas. "En dous días se confirma o diagnóstico", indica. 

OS PACIENTES

Pero para que as UDRs teñan un bo funcionamento, é necesario que os pacientes estean suficientemente ben como para desprazarse en varias ocasións entre o seu domicilio e o hospital. "Idealmente, tanto o paciente como os seus familiares deberían de estar de acordo co modelo asistencial que se lles propón nas UDRs... e os pacientes deben poder comunicarse facilmente coas UDRs, sobre todo para indicar que xa fixeron unha determinada proba e que o médico poida, así, estar atento ao resultado da mesma e obrar en consecuencia", sinala o espcialista.

A propia Sociedade Galega de Medicina Interna publicou varios estudos avaliando o nivel de satisfacción dos pacientes atendidos nas UDRs e suliña que "este é elevado" e supoñen tamén "unha vía de drenaxe moi útil para o Servizo de Urxencias contribuíndo ao seu desconxestionamento" xa que "moitos pacientes acoden varias veces ao devandito Servizo en procura de solucións ao seu proceso e en ocasións son ingresados para evitar esta situación" e tamén contribúen a que o "Médico de Atención Primaria poida dar unha saída rápida a aqueles pacientes que máis lle poden preocupar".

De feito, a revista Galicia Clínica, recolle outro informe de varios especialistas médicos e coordinado por Martín-Serradilla que presenta os resultados de 9.090 pacientes atendidos nunha UDR nun período de 12 anos. E, entre as conclusións, está que só un 4,3% dos

pacientes necesitaron ingreso hospitalario para completar o proceso diagnóstico tras pasar por esta unidade.

O CANCRO, O DIAGNÓSTICO MÁIS FRECUNTE

Un dos diagnósticos máis frecuentes foi o cancro, chegando ao 25% nos pacientes maiores de 70 anos atendidos na UDR. Neste estudo, os pacientes maiores de 70 anos foron,

con maior frecuencia que os máis novos, derivados a coidados paliativos, ingresados no

hospital para completar estudo e foron derivados en menor número a Atención Primaria unha

vez completado o proceso diagnóstico7

AFORRO

No seu artigo, Peromingo suliña que entre os factores predictivos do custo total das

UDRs e, por tanto, do seu aforro con respecto á hospitalización convencional, están os referidos ao motivo de derivación, melloría nos protocolos de derivación desde Atención Primaria ou desde o Servizo de Urxencias.

E entre as limitacións que teñen as UDRs ou "peaxes a pagar" detectadas, está o exceso de derivacións que se poden producir desde Atención Primaria ou o Servizo de Urxencias, con procesos máis banais, aos cales o sistema non está a dar unha resposta adecuada. "Tamén pode haber por parte do internista, un exceso de prescrición de probas complementarias nun intento de acelerar o máis posible o proceso diagnóstico", engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta