Unha borrasca deixará choivas en Galicia este martes

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 06/09/2022 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Unha borrasca atlántica situada ao noroeste da Península deixará este martes ceos nubrados ou cubertos en Galicia con choivas, que no suroeste poderían ser localmente persistentes, e que serán en xeral débiles e ocasionais na súa metade este, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

Tamén se esperan algúns intervalos de nubes de evolución na metade noroeste peninsular, e de nubes medias e altas no sueste e Baleares. En Canarias, intervalos nubrados no norte das illas, e pouco nubrado no sur.

Haberá vento do suroeste en Galicia, con intervalos de forte no litoral, meseta Norte e Baleares, de poñente no Estreito, Alborán e golfo de Cádiz, do sueste en Empordán e alisios en Canarias. Frouxos, en xeral de compoñente oeste, no resto.

Previón meteoreolóxica para este martes, 6 de setembro. AEMET
Previón meteoreolóxica para este martes, 6 de setembro. AEMET | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta