Formoso confirma que Bugallo repetirá como candidato: "É o mellor alcalde de Santiago"

Está convencido de que volverá ser rexedor.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2022 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, confirmou que o actual alcalde de Santiago, o socialista Xosé Sánchez Bugallo, "será o candidato" da súa formación nas próximas eleccións municipais, á vez que deu por feito que repetirá á fronte da alcaldía.

Preguntado en rolda de prensa por se hai cuestións internas do partido que lle fixeron a Bugallo meditar máis do previsto se vai ser candidato de novo, Formoso afirmou que "Bugallo será o candidato" e mostrouse convencido de que será alcalde un mandato máis.

De feito, o líder dos socialistas galegos destacou que, ao seu xuízo, Bugallo "pasará á historia como o mellor alcalde de Santiago".

Xosé Sánchez Bugallo / Concello de Santiago de Compostela. / Europa Press
Xosé Sánchez Bugallo / Concello de Santiago de Compostela. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta