A Covid segue en descenso: os casos activos e os hospitalizados diminúen este mércores

Contabilizáronse 133 novos contaxios, 16 máis que nas últimas 24 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2022 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Tras dúas xornadas en ascenso, este mércores descenden os hospitalizados con Covid en Galicia ata os 126, dos que 125 están en planta (cinco menos) e un en UCI (un menos). Os casos activos continúan, como en días anteriores, en descenso. Son 1.300, 54 menos que os notificados no parte do martes da Consellería de Sanidade.

Así, segundo os datos do departamento autonómico publicados este mércores, contabilizáronse 133 novos contaxios, 16 máis que nas últimas 24 horas. En total, 675.372 persoas contaxiáronse de Covid-19 desde o inicio da pandemia.

Por outra banda, outros 670.290 galegos superaron a enfermidade, 185 máis esta xornada, mentres que faleceron 3.890. Sanidade notificou outro óbito este mércores, unha muller de 90 anos da área sanitaria de Vigo que presentaba patoloxías previas.

ÁREAS SANITARIAS

Por áreas sanitarias, en relación aos casos activos, descenden en todas excepto na A Coruña, que notifica 250 (+6). Así, na de Ourense son 265 (-24); en Pontevedra, 132 (-10); en Ferrol, 100 (-4); en Santiago, 203 (-3); en Lugo, 143 (-10); e en Vigo, 205 (-9).

En canto aos novos contaxios, lidera a relación o distrito sanitario da Coruña, con 25 casos; seguido por Santiago, con 24; Vigo, 23; Ferrol, 19; Ourense, 18; Lugo, 13; e Pontevedra, 11. Respecto dos hospitalizados, na Coruña hai 31 persoas ingresadas en unidades convencionais (-3). En Lugo, continúa unha persoa en críticos, mentres que outras 11 atópanse en planta (-1).

Na área sanitaria de Ourense rexístranse 20 pacientes hospitalizados (-1) e non se rexistran ingresados en UCI. Tampouco en Santiago, Vigo e Ferrol, que contan con 16 (sen cambios), 13 (-2) e 13 (+1) hospitalizados en planta, respectivamente. En Pontevedra, hai 21 ingresados en planta (+1) e xa non se notifican paciente en críticos.

Cidadáns nunha zona de copas na Coruña / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press
Cidadáns nunha zona de copas na Coruña / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta