Soben os ingresados con covid-19 e os casos activos

Sanidade notificou outras catro mortes, todos os casos con patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/09/2022 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 en Galicia volven subir este xoves, tras descender puntualmente o mércores. Volve así a tendencia marcada ao comezo da semana, con 1.340 infeccións activas (+40). Ascenden tamén os hospitalizados, 129 en planta (+4) e dous en UCI (+1).

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - SERGAS.

Segundo a actualización do departamento autonómico publicado este xoves con datos solicitados ata as 18,00 horas do mércores, contabilizáronse 111 novos contaxios, 22 menos que nas últimas 24 horas. En total, 675.483 persoas contaxiáronse de Covid-19 desde o inicio da pandemia, segundo probas confirmadas.

Por outra banda, outros 670.357 galegos superaron a enfermidade, 67 máis esta xornada, mentres que faleceron 3.894. Sanidade notificou este xoves outros catro óbitos, todos con patoloxías previas.

Do 6 de setembro son os falecementos dunha muller de 81 anos e un home de 73, da área sanitaria da Coruña, e un home de 77 anos da área de Pontevedra. O día 7 de setembro notifícase a morte dun home de 81 anos da área de Pontevedra.

Por áreas sanitarias, en relación aos casos activos, a suba é xeneralizada. Só baixan na área da Coruña, con 245 casos activos (-5) e na de Vigo, que non rexistra cambios e continúa con 205.

Nas restantes, Ourense rexistra 287 infeccións activas (+22); Pontevedra, 135 (+3); Ferrol, 101 (+1); Santiago, 211 (+8); e Lugo, 154 (+11).

En canto aos novos contaxios, lidera a relación o distrito sanitario de Ourense, con 26 casos; seguido por Santiago, con 21; A Coruña, 19; Lugo, 17; Vigo, 12; Pontevedra, 9; e Ferrol, 7.

Respecto dos hospitalizados, na Coruña hai 29 persoas ingresadas en unidades convencionais (-2) e unha en UCI (+1). En Lugo, continúa unha persoa en críticos, mentres que outras 12 están en planta (+1).

Na área sanitaria de Ourense rexístranse 21 pacientes hospitalizados (+1) e non se rexistran ingresados en UCI. Tampouco en Santiago, Vigo e Ferrol, que contan con 18 (+2), 16 (+3) e 12 (-1) hospitalizados en planta, respectivamente. En Pontevedra, hai 21 ingresados en planta e non se notifican pacientes en críticos (sen cambios).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta