CIG-Ensino denuncia que o curso comeza con máis de 700 prazas para substitucións e interinos "sen cubrir"

Fala de "malestar nos centros afectados por falta deste profesorado".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/09/2022 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino denunciou, na mañá deste xoves día de inicio do curso, que 747 prazas de substitucións e interinos estaban "sen cubrir", á primeira hora, na web da Consellería de Educación. "A cifra demostra os grandes problemas de xestión por parte da Consellería para o inicio do curso lectivo e provoca malestar nos centros afectados por falta deste profesorado", reclamou o sindicato.

Unh profesor nunha aula dun colexio
Unh profesor nunha aula dun colexio | Fonte: CCOO - Arquivo

Segundo informou a CIG, estas prazas son de substitucións de longa duración e outras de interinos de media xornada para todo o curso escolar. Tamén, indicou que nalgunhas prazas a redución da xornada a cubrir "é dun terzo", ao que lembrou que, "a contratación parcial mínima é de media xornada".

Así, o sindicato sinalou que se "dirixiu" ao órgano responsable da educación galega, para que tome "as medidas oportunas" para que todas as reducións de xornada que se cubran sexan "como mínimo" de media xornada.

Desta forma, a CIG desagregou o total de prazas sen cubrir: para Infantil, Primaria e Educación Especial, 224; en ESO, Bacharelato e Formación Profesional, 405; para conservatorios de música e outros ensinos artísticos, 60 e para escolas de arte e deseño, 9.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta