As diferentes "enquisas" para gañar que teñen Rueda e Feijóo

Mentres Feijóo tira de sondaxes para dicir que gañaría a Sánchez, Rueda aposta polo traballo feito para continuar como presidente.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/09/2022 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Feijóo xa non é presidente de Galicia pero o seu xeito de gobernar é algo diferente ao do seu sucesor. Tanto el como Rueda saen da mesma colleita política pero semella que beben de diferentes botellas. Así, mentres que Feijóo está afeito ao tacticismo político, Rueda, que aínda que leva tantos ou máis anos que el na política, prefire máis o da realidade política.

Feijóo e Rueda saúdanse na Cámara galega
Feijóo e Rueda saúdanse na Cámara galega | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Por iso, non é de extrañar que o seu xeito de gobernar, aínda que se pareza, non teña nada que ver, sobre todo nas formas e nas palabras, non tanto nos contidos. E así se ve se se comparan os desexos e aspiracións dun e do outro.

Hai uns días, Alberto Núñez Feijóo presumía de enquisas e espetaba que, se fora polas sondaxes, xa sería presidente do Goberno de España en detrimento dun Sánchez "acabado". Unha forma de facer política propia de Feijóo pero á que non lle acaba de coller o tranganillo, polo menos, de momento, o novo presidente galego.

"Nos catro meses que levamos nesta nova etapa estou a tentar facer o posible para que cando chegue o momento os galegos me dean a súa confianza". Esa foi a resposta de Rueda este xoves tras preguntarlle Galicia Confidencial se el tamén fía todo na política ás enquisas, como fai Feijóo. "Os galegos serán os que decidirán e aspiro a que sexan quen de ver o que están a facer tanto cargos políticos como funcionarios nestes momentos moi difíciles", limitouse a contestar.

CGPJ

Por outra banda, preguntado pola situación do Consejo General do Pode Judicial (CGPJ), subliñou que, na súa opinión, "vale moitísimo máis facer unha negociación obxectiva". Neste sentido, apostou por "falar de imparcialidade" e outras cuestións "obxectivas" que "ter unha obsesión" sobre nomes concretos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta