O CPXG busca o apoio dos concellos para que contraten xornalistas nos labores informativos das administracións

Comezou esta semana a enviar aos distintos municipios galegos solicitudes para que se adhiran ao Compromiso público polo emprego e a profesión xornalística

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2022 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia comezou esta semana a enviar aos distintos concellos galegos solicitudes para que se adhiran ao Compromiso público polo emprego e a profesión xornalística, o acordo impulsado polos colexios profesionais de xornalistas en defensa da contratación de xornalistas para os labores informativos nas administracións. O acordo foi subscrito recentemente pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Directiva do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
Directiva do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia | Fonte: CPXG

O decano Francisco X. González Sarria, en nome da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, pediu esta semana aos gobernos das nove cidades galegas máis poboadas (Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ferrol, Narón e Vilagarcía de Arousa) a súa adhesión ao Compromiso público polo emprego e a profesión xornalística. Solicítase tamén que o texto do documento sexa facilitado a todos os grupos políticos, a fin de dar a coñecer o seu contido e facilitar o apoio político ao compromiso.

Nos vindeiros días trasladarase de maneira progresiva o texto do documento a outros gobernos municipais, até dar a coñecer o Compromiso público polo emprego e a profesión xornalística en todos os concellos galegos e tentar que todas as administracións locais dean o seu apoio á contratación de xornalistas para os labores de comunicación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta