Volven os 'vacunódromos' "alí onde sexan posibles"

Os 22.000 maiores en residencias empezarán a recibir a cuarta dose o 26 de setembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2022 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

Os ao redor de 22.000 galegos en residencias de maiores empezarán a recibir a cuarta dose da vacina contra o coronavirus o próximo 26 de setembro, segundo avanzou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Galicia recibiu confirmación do Ministerio de Sanidade de que contará con case 77.000 vacinas para o comezo da suministración, fixado para ese día, o 26 de setembro. Así, a Xunta seguirá o fixado pola estratexia a nivel nacional, que acordou que primeiro sexan os maiores de 80 anos e despois a franxa entre 60 e 80, explicou Rueda.

Con todo, precisou que a administración galega empezará o 26 "vacinando a todos os maiores que vivan en residencias, non só aos maiores de 80", senón "a todos". "Isto fai todo máis sinxelo, rápido e efectivo", resaltou. "Cando terminemos, empezaremos a vacinar á franxa de 60 a 80 anos", puntualizou. Ademais, a Xunta farao en 'vacunódromos', "sempre que sexa posible e compatible o seu uso, porque se demostrou que era unha boa medida organizativa", segundo Rueda. "Esperemos que sexa rápido e se temos as doses tentaremos rematar canto antes", finalizou.

Preparación de vacinas contra a Covid na área de Pontevedra e O Salnés.. ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA
Preparación de vacinas contra a Covid na área de Pontevedra e O Salnés.. ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta