Rueda tras a subida dos tipos anunciada pola UE: "Moitísima xente temos hipotecas e poñen as cousas máis difíciles"

Apunta a medidas nas contas de 2023 para afrontar a subida dos tipos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2022 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apuntou a medidas nos orzamentos galegos de 2023 para facer fronte á inflación e a subida dos tipos de interese. Así se pronunciou a preguntas sobre a decisión do consello de goberno do Banco Central Europeo (BCE), que este xoves decidiu elevar os tipos de interese en 75 puntos básicos.

"Non é unha boa noticia, non por esperada é unha noticia que vai impactar nos petos da xente. Moitísima xente ten e temos hipotecas e que se encarezan pon as cousas máis difíciles", constatou Rueda.

Respecto diso, informou de que o seu Goberno prepara "medidas" que contemplarán as contas autonómicas para o ano que vén, "sobre todo para a xente que máis dificultades está a pasar".

"Se vai haber axudas para pagar as hipotecas? Non quero concretar as medidas que estamos a preparar, pero as medidas van ir en axudar a aquela xente cuxos recursos faga máis difícil afrontar gastos ineludibles, e pagar a hipoteca é un deles", resolveu.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en rolda de prensa. DAVID CABEZÓN / XUNTA DE GALICIA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en rolda de prensa. DAVID CABEZÓN / XUNTA DE GALICIA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta