Carmela Silva di que a Deputación de Pontevedra é a que máis fondos dedica contra a seca

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2022 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres en Xunta de Goberno provincial a Liña Extraordinaria de Axudas aos Concellos, Entidades locais e Mancomunidades para Actuacións de Emerxencia ante a seca, un plan dotado con 3 millóns de euros a través dunha modificación de crédito aprobada no Pleno.

Así, o Plan terá efectos retroactivos, ao cubrir as actuacións realizadas entre o pasado 1 de agosto e o próximo 31 de outubro.En rolda de prensa, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do vicepresidente, César Mosquera, destacou que este plan converte á administración provincial na que "dedica máis recursos en toda Galicia, máis mesmo que a Xunta, a facer fronte á seca deste verán".

Os fondos extraordinarios provinciais chegarán aos concellos de menos de 20.000 habitantes para atallar os problemas da seca, e tamén serán para as mancomunidades e as entidades locais, "porque tamén fornecen auga a moitos núcleos rurais da provincia".

Carmela Silva destacou a axilidade da Deputación en aprobar esta liña de axudas. "Non se pode pedir máis eficacia e máis eficiencia", destacou. Tamén incidiu neste aspecto César Mosquera: "esta é unha liña de axudas moi oportuna e saíu en tempo marca". O vicepresidente aplaudiu tamén a actitude da Deputación ao impulsar aos concellos a "actuar xa" en lugar de prometer axudas a futuro "a partir da lista de desgrazas".

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva | Fonte: Rafa Estévez - Deputación de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta