Os casos activos por Covid baixan ata os 1.191 en Galicia e aumentan as hospitalizacións.

Hai 130 persoas ingresadas, cinco deles en UCI.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2022 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

Os novos contaxios por Covid descenderon en Galicia nas últimas horas, ata situarse en 52 (43 menos), do mesmo xeito que o fan os casos activos que pasan dos 1.368, con datos facilitados o sábado, a 1.191, de acordo co último parte do Sergas, que contabiliza rexistros ás 18,00 horas do domingo.

Pola contra, aumenta lixeiramente o número de persoas ingresadas en centros hospitalarios que pasan de 125 a 130. Deles 125 están en planta e outros cinco en UCI. A eles súmanse 1.061 persoas no seu domicilio. En relación ao número de casos activos, 209 son na área da Coruña; 151 na de Lugo; 277 na de Ourense; 111 na de Pontevedra, 175 na de Vigo; 172 na de Santiago e 91 na de Ferrol

Nesta área, na de Vigo e na de Ourense non hai ningunha persoa ingresada en UCI; mentres que só teñen unha a de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Pontevedra-O Salnés e Santiago de Compostela-Barbanza. Na área sanitaria da Coruña-Cee, hai dúas.

O número de pacientes ingresados en planta na área coruñesa é de 30; na de Ferrol e na de Lugo, 12 e 14, respectivamente; na de Ourense, 25; na de Pontevera, 19; na de Santiago de Compostela, 12 e na de Vigo, 13.

En canto aos novos contaxios nas última horas, sete foron na da Coruña-Cee; un na de Ferrol; 16 na de Lugo-A Mariña-Monforte de Lemos; 13 na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras; tres na de Pontevedra-O Salnés; cinco na de Santiago de Compostela-Barbanza e sete na de Vigo.

Desde o inicio da pandemia hai en Galicia un total de 670.858 persoas curadas e 675.837 contaxiados, cun total de 3.896 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.974.938 e o de dose de vacina administradas de 6.727.970.

Grupos de comensais sentados nunha terraza dun establecemento / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press / Europa Press / Europa Press
Grupos de comensais sentados nunha terraza dun establecemento / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta