'As Bestas', rodada en Galicia, queda fóra de carreira aos Óscar

'Alcarràs', de Carla Simón, foi a película española elixida para representar España nos premios da Academia de Hollywood.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2022 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

A película 'Alcarràs', de Carla Simón, foi a película española elixida polas persoas académicas para representar España nos premios da Academia de Hollywood, que se celebrarán o próximo 12 de marzo de 2023.

Os académicos xa elixiron o pasado mes de agosto as tres cintas finalistas de entre 42 longametraxes estreadas entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2022. Na carreira quedou fóra finalmente 'As bestas', de Rodrigo Sorogoyen, película rodada en Galicia e que conta na súa repartición con actores galegos, como Luís Zahera e Diego Anido. Tamén foi excluída 'Cinco lobitos', de Alauda Ruiz de Azúa.

Agora, 'Alcarràs' inicia o seu camiño para o Óscar esperando a coñecer se entra no primeiro corte da Academia, a coñecida como 'shortlist' de dez títulos, que se coñecerá o próximo 21 de decembro. A finais de xaneiro anunciaranse os cinco finalistas desta categoría a mellor película estranxeira. 

Rodrigo Sorogoyen filma 'As Bestas'. ARCADIA MOTION PICTURES
Rodrigo Sorogoyen filma 'As Bestas'. ARCADIA MOTION PICTURES

O ano pasado a candidatura española recaeu en 'El bue patrón', de Fernando León de Aranoa, que non conseguiu entrar nos cinco finalistas dos Óscar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta